O alcalde convida aos vigueses a coñecer o paseo do Lagares
O alcalde de Vigo, Lois Castrillo, presentoulle aos medios de comunicación o novo paseo de ribeira construido ao longo do Lagares entre o parque de Castrelos e a Avenida de Madrid. Castrillo describiu os labores desenvolvidos no río como unha das máis importantes actuacións de rexeneración ambiental realizadas en Galicia.
O novo paseo do Lagares ten preto de dous kilómetros de lonxitude flanqueados de árbores recen prantados. Nestes momentos estanse a completar os traballos de revexetación das marxes do rio. O Concello investiu máis de 1.200.000 euros nas expropiacións necesarias para conseguir os terreos por onde decorre o paseo.
O sendeiro comeza no parque de Castrelos, onde se construiu un paso soterrado para evitar cruzar a baixada ao Pontillón. Nalgúns puntos da parroquia de Sárdoma o río encauzouse con pedra para evitar asolagamentos.
A obra foi executada por Augas de Galicia, que se encargou ademáis de ampliar as pontes de Segade, da baixada á Laxe e a Pontenova. Tamén se construiu unha canle de derivación na zona da ponte medieval de Sárdoma co obxectivo de evitar que nas épocas de fortes chuvias o río se desborde nesa zona.
O alcalde convidou aos vigueses a percorrer a pe ou en bicicleta o novo paseo, que se convertirá nunha prolongación do que xa existía entre Balaídos e Samil. Lois Castrillo anunciou tamén que se seguirán realizando traballos na zona como a colocación de bancos e papeleiras, a construcción de pasarelas peonais sobre o río e o acondicionamento de máis zonas de lecer en ámbalas marxes.
Descargar todas as imaxes