Presentada a III campaña de animación deportiva
O concelleiro de Deportes, Santiago Domínguez, presentou hoxe ós medios de comunicación a III Campaña de Animación Deportiva nos centros de ensino que ten como obxectivo consolidar e manter unha relación máis directa entre as entidades deportivas e os escolares.
A campaña está dirixida a tódolos centros de ensino da cidade e desenvólvese en varias fases. A primeira consiste en charlas teóricas,que se imparten nos colexios, sobre as modalidades deportivas que se ofertan. A segunda e tercera fase son clases prácticas e pequenos torneos que se realizan nos propios centros ou en instalacións municipais.
Nesta edición ofértanse 18 modalidades deportivas agrupadas en tres bloques. No primeiro bloque están bádminton, balonmán, baloncesto, voleibol, tenis, ciclismo e béisbol. O segundo bloque agrupa as modalidades de judo, karate, teakwondo, kung-fu, loita, atletismo e tenis de mesa. O terceiro o forman os deportes de tiro con arco, billar, vela, remo, petanca, hockei patíns, triatlhón, rugbi, esgrima, arbitraxe-fútbol e hípica.
Na campaña do curso pasado participaron 9.320 nenos e nenas de 45 colexios.
Descargar todas as imaxes