Inauguración da exposición 7 6 7 da Fundación Laxeiro
7 6 7 é un proxecto no que se vencellan catro institucións galegas que apostan por un apoio ós novos creadores galegos. Trátase do Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa e a Fundación Luis Seoane da Coruña, a Fundación Eugenio Granell de Santiago de Compostela e a Fundación Laxeiro de Vigo. Estas catro institucións decidiron participar conxuntamente na exposición que se inaugura o día 18 ás 20.00 horas na sede da Fundación , na Casa das Artes.
7 6 7 é un proxecto de exposición colectiva con vocación de ubicuidade no que os artistas integrantes do GRUPO 20, ocupan os espacios de Santiago (Fundación Eugenio Granell), A Coruña (Fundación Luis Seoane) e Vigo (Fundación Laxeiro), contando coa colaboración do Museo de Arte contemporánea Unión Fenosa.
O GRUPO 20 nace da coincidencia de vinte artistas xoves nun taller que o pintor Juan Genovés impartira en Unión Fenosa no verán do ano 1999. Os alumnos pronto sintonizaron e o tempo foi facendo que comenzaran a traballar en equipo. Unha colaboración que lles une máis pola súa forma de traballar para facer exposicións colectivas, que polos seus propios descursos estéticos. Esta fórmula conxunta de traballo da os seus froitos na exposición que co título Dez + Dez organizou a Casa da Parra en Santiago no ano 2001.
A convivencia entre individualidades ás veces tan diferentes artísticamente, foi contaxiosa, de tal xeito que provocou nas institucións citadas vías de colaboración que posibilitaron a exposición que se presenta.
7 6 7, é unha mostra que percorre simultáneamente varias cidades galegas. En Santiago, xa se pode ver, desde o pasado 17 de decembro e, ata o 21 de xaneiro, obras de Carolina Martínez, Lourdes Acera, Encarna González, Marina Molares, Natalia Val, Inmaculada González e Xosé Antón Pedrido. En Vigo, desde o 18 de xaneiro, ata o 17 de febreiro, exporanse pezas de Modesto Fernández, Puala Mariño, Sabela Martín, Belén Padrón, Germán Pintos e Mercedes Vicente e en A Coruña, a partir do 20 de febreiro e ata o 20 de marzo, poderase ver obra de José Juncosa, Luisa Valdés, Natalia Díaz Mella, Juan Rivas, Carmen Vellas, Mónica Vila e Colomán.
Qué se amosa na Fundación Laxeiro
Inda que a heteroxeneidade dos artistas participantes, provoca a convivencia de escultura, pintura, instalación e fotografía, no caso da Fundación Laxeiro, a mostra terá un carácter marcadamente bidimensional, centrada, case na súa totalidade na pintura, agás a obra de Paula Mariño quen nos achega ó seu universo donde o corpo humano adquire unha grande importancia coas súas composicións fotográficas. Os demáis artistas apostan pola pintura que, en maior ou menos grado se achega á abstracción: desde a pintura orgánica e colorista de Modesto Fernández, ás xeometrías texturizadas de Sabela Martín, pasando pola abstracción metafísica de Germán Pintos e as tramas coloristas de Belén Padrón. Todos eles son xoves artistas licenciados en Belas Artes pola Universidade de Vigo. Unha xeración de creadores que, en conxunto compoñen un discurso fragmentado que amosa como desde circunstancias biográficas similares (idade, formación, lugar de residencia, etc.) se chega a unha grande variedade de discursos estéticos.
Descargar todas as imaxes