O Xogos deportivos do Eixo Atlántico celebrán a sexta edición en Santiago
106 deportistas de Vigo participarán no Xogos do Eixo Atlántico que se celebrarán na súa VI edición en Santiago de Compostela do 11 ao 16 de xullo. A concelleira de Deportes, Lucía Molares , ofrece unha recepción aos participantes o venres, ás 13 horas, na galería da alcaldía de Vigo.
Nos Xogos participarán nenos e nenas de categoría cadete entre 14 e 16 anos, excepto para as persoas con discapacidade que o farán en función do grao de minusvalía. As modalidades deportivas que competirán son fútbol 7, balonmán , voleibol , baloncesto , atletismo en pista, atletismo en ruta e natación. As cidades que participaran nos Xogos do Eixo Atlántico son Santiago, Coruña, Lugo, Monforte, Ourense, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra, Ferrol , Vigo, Porto, Gaia, Vila Real, Bragança, Braga, Viana do Castelo, Chaves, Guimaraes e Peso da Regoa.
A cidade de Vigo participará en todas as modalidades deportivas para o que se desprazarán un total de 106 membros. A maior parte dos deportistas participantes proceden das entidades deportivas do Programa Municipal de Escolas Deportivas.Vigo é a actual campiona en baloncesto feminino, atletismo en ruta por equipos e probas individuais; e a terceira en balonmán. A anterior edición dos Xogos do Eixo Atlántico celebráronse na localidade portuguesa de Bragança.