Escoitar

A Festa da Petanca reunirá a novos e maiores arredor deste deporte tradicional

O campo de fútbol da Bouza acollerá, os días 9 e 10 de xullo, a Festa da Petanca, coa que se pretende potenciar este deporte nun ambiente lúdico e interxeneracional. Nesta edición espérase a participación dunhas seiscentas persoas de diferentes idades.

mércores, 6 xul 2005
1120652503petanca.jpg
Segundo dixo a concelleira de Deportes, Lucía Molares, a intención desta Festa é "que as persoas que participen convivan a través da petanca". Así, a Festa está aberta a todas as persoas que desexen tomar parte nela. Pola súa parte, a concelleira de distrito de Coia, Marisol Polo, engadiu que haberá obsequios para todos os participantes, como bolsas para bólas e camisetas.

O sábado 9, a competición desenvolverase desde as 10:00 ata as 13:30, reanudándose ás 16:30 e rematando ás 21:30. O domingo 10 o horario irá de 9:00 a 14:00 e de 16:30 ata a fin do campionato.

O prazo de inscrinción estivo aberto ata o 30 de xuño. A inscrición, libre e gratuíta, puido facerse a través de clubes, centros de terceira idade, asociacións de veciños e de mulleres ou colexios.
Descargar todas as imaxes