Escoitar

Vigo podería ser porto de escala da Cutty Shark en 2009

A alcaldesa, Corina Porro, mantivo hoxe mércores no Concello unha reunión co representante da regata Cutty Shark Alberto Durán, na se analizou a posibilidade de que o porto de Vigo se convirta nunha das escalas do Desafío Atlántico para Grandes Veleiros 2009.

mércores, 6 xul 2005
1120652630cutty.jpg
Corina Porro xa se puxo en contacto co presidente da Autoridade Portuaria, Julio Pedrosa, para buscar o seu acordo co protocolo presentado por Cutty Shark. Segundo explicou Alberto Durán, o Desafío Atlántico para Grandes Veleiros 2009 atraería posiblemente unha frota de 40 a 60 barcos, incluíndo, quizá, de oito a 12 embarcacións de aparello de cruz da clase A.

A competición comezará en abril ou maio de 2009, probablemente cunha regata desde un porto no sur de Inglaterra ou o norte de Francia a outro porto na Península Ibérica. A frota continuará despois ata as Illas Bermudas, coa posibilidade de facer unha pequena escala nas Canarias. Desde as Bermudas, os veleiros navegarán pola costa leste dos Estados Unidos ata o porto de Halifaz, en Canadá, e haberá unha regata final que cruzará de volta o Atlántico desde alí ata Belfast, en Irlanda do Norte.
Descargar todas as imaxes