Escoitar

Colaboración entre o Concello e Caixanova para a financiación dos comedores escolares

xoves, 20 dec 2001
imx921.jpg
A concelleira de Educación, Ana Gandón e o xefe da Obras Social e Cultural de Caixanova, Luis Guede, presentaron hoxe un convenio de colaboración para a financiación dos comedores escolares da rede pública co fin de que o prezo mensual por nenos e nenas non supere as 8.000 pesetas.

A concelleira explicou que nestes momentos 34 dos 54 centros públicos de infantil e primaria da cidade contan co servicio e a previsión é que nos próximos anos tódolos colexios públicos de Vigo dispoñan de comedor escolar. Gandón agradeceu a importancia das ANPAS pola xestión deste servicio e subliñou que no ano 1999 só estaban operativos dez comedores.

Ana Gandón destacou a importancia do servicio de comedores xa que contribúe a modificar e mellorar a vida das familias e atende unha demanda da sociedade na que nos movemos.

Descargar todas as imaxes