O reloxo de Elduayen marca o inicio da conta atrás da Volvo
O tempo que resta para a saída da Volvo Ocean Race irá caendo, segundo a segundo, no cronómetro instalado na explanada dos xardíns de Elduayen, fronte ao Náutico, e que foi inaugurado hoxe polo presidente da Xunta, Manuel Fraga.
A conta atrás para a saída da Volvo Ocean Race do porto de Vigo comezou hoxe coa inauguración dun reloxo que irá descontando cada un dos minutos dos 259 días que restan ata a data esperada, o 12 de novembro. Este acto simbólico estivo presidido pola alcaldesa Corina Porro e mailo presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga, que foi o encargado de destapar o reloxo.
Segundo a alcaldesa o reloxo da conta atrás é o mellor indicador para iniciar "un tempo de desconto que tamén afecta á cidade e aos numerosos proxectos que ao redor do Programa Vigo 2005 estamos a piques de comezar". A alcaldesa recordou as obras de humanización do entorno da praza de Compostela e o anelo urbano de Urzaiz, a rehabilitación do barrio histórico ou a Ronda de Beiramar, que aliviará o tráfico no centro. "Un proxecto de rexeneración urbana para facer unha cidade máis bonita, máis orientada ao ocio e o disfrute do cidadán", dixo. E continuou "é, en definitiva, a perfecta simbiose da cidade industrial, de servicios e das persoas. Dúas caras da mesma moeda. Dúas necesidades para Vigo: crecer e convivir."
Corina Porro destacou tamén a oferta turística da cidade, cunha relevancia especial na promoción dos deportes náuticos. A alcaldesa destacou a presencia viguesa nos salóns náuticos de Barcelona e París, e a promoción da cidade en Dusseldorf, Lisboa e, dende hoxe, tamén en Madrid con motivo do Fitur.
Pola súa parte o presidente da Xunta, Manuel Fraga, recordou o vencellamento de Vigo e as súas xentes ao mar, que traen a recompensa da organización desta Volta ao Mundo de Vela que "vainos proxectar internacionalmente como unha potencia náutica e unha terra de acollida, capaz de amosar as súas riquezas naturais e o excelente nivel do seu deporte".