Escoitar

Vigo celebra as VI "Xornadas de danza e música tradicionais galegas" organizadas por Interfolc

A asociación Cultural Interfolc organiza a sexta edición destas xornadas que deixaron en Vigo as actuacións de máis de cen grupos e catro mil músicos e bailaríns. Os días 6 e 7 de novembro, o centro cultural Caixanova será escenario do concurso entre as dez agrupacións seleccionadas e cun primeiro premio de 1.500 euros.

martes, 2 nov 2004
1099404382danza1.jpg
As "Xornadas de danza e música tradicionais galegas de Vigo", que se celebran na cidade dende o año 1999, están organizadas pola "Asociación Cultural Interfolc" composta pola Agrupación Folclórica Lembranzas Galegas, Asociación Gaiteiros da Xistra de Coruxo, Asociación folklorica Corisco e a Escola Municipal de Danza do Concello de Vigo, e son patrocinadas pola Concellaría de Festas e Animación Socio-cultural coa colaboración de Caixanova.

O éxito de participación e público destas xornadas poñen de manifesto a importancia da nosa cidade no terreo do folclore popular e o interese que suscitan a vista da elevada participación de grupos de toda a comunidade galega: 102 grupos folclóricos con 4.100 participantes, e máis de 24.000 asistentes como público.

A orde de actuación das 10 agrupacións seleccionadas polo comité organizador das xornadas para as semifinais, decidiuse mediante sorteo público o día 26 de outubro no Concello de Vigo, que terán lugar os día 6 e 7 de novembro no Centro Cultural Caixanova, é a seguinte:

Sábado, 6 de novembro:
1º.- Grupo Noutrora Vigo, Pontevedra.
2º.- Grupo Fortin da Pomba Teo, A Coruña.
3º.- Grupo A Dail Teo, A Coruña.
4º.- Grupo Os Muiños de Oliveira Ponteareas, Pontevedra.
5º.- Grupo Xirandola Silleda, Pontevedra.

Domingo, 7 de novembro:
1º.- Grupo Arume Verdillo-Laracha, A Coruña.
2º.- Grupo Fusos e Rocas Vigo, Pontevedra.
3º.- Grupo Gandaina. Pontevedra.
4º.- Grupo Malveiras. Vilagarcía de Arousa, Pontevedra.
5º.- Grupo A Ponte Vella Teo, A Coruña.

O veredicto do xurado farase público ao remate da segunda xornada. O día 21 de novembro terá lugar a final. Os premios establecidos polo comité organizador son os seguintes:

1º premio: 1.500 €, medalla e diploma.
2º premio: 900 €, medalla e diploma.
3º premio: 600 €, medalla e diploma.
4º premio: 300 € e diploma.
5º e 6º premio: diploma.
Premio especial de 150 € e diploma ó mellor bailarín.
Premio especial de 150 € e diploma á mellor bailarina.
Premio especial de 180 € ó mellor grupo de acompañamento.
Descargar todas as imaxes