Escoitar

O Concello amplía o servizo de salvamento e socorrismo en Samil durante O Marisquiño e a eclipse

Abel Caballero avanzou este mércores o aumento nunha hora, os días 6, 7, 8 e 9, da atención no areal. Permanecerán activos desde as 12 da mañá ata as 21.00 horas.

mércores, 5 ago 2026

O rexedor explicou que a extensión da prestación dos servizos das 20.00 ás 21:000 horas ten por obxectivo atender as persoas que acudan a Samil durante a celebración do festival O Marisquiño. A medida tamén inclúe á atención coa moto acuática. 

Respecto ao servizo de primeiros auxilios, na central de coordinación, a atención funcionará desde as 11.00 da mañá ata as 21.00 horas. Contará con tres responsables, un operador de telecomunicacións e tres axudantes de primeiros auxilios.

O Concello manterá o horario ampliado tamén durante o 12 de agosto con motivo da eclipse de sol.

Descargar todas as imaxes