A alcaldesa aposta pola participación de máis empresas en VIDE
O Padroado da Fundación "Vigo en Deporte" Vide aprobou o balance de xestión do ano 2003 e o proxecto de presuposto para o presente exercicio que se eleva a 800.000 euros. Á xuntanza asistiu a alcaldesa, Corina Porro, como presidenta da Fundación e a concelleira de Deporte, Lucía Morales como vicepresidenta da mesma , así como os socios fundadores Caixanova, Pescanova e PSA Peugeot Citroen.
O Padroado aprobou o balance de xestión do ano 2003 no que se indica o desenvolvemento de programas de colaboración co deporte na cidade, O balance reflicte ás subvencións a equipos de elite por 182.000 euros e ós programas de promoción de Siareiros con máis de 70.000 euros. Entre os proxecto para o presente ano o padroado aposta pola consolidación da Fundación na liña de actuación de axudas ao deporte de elite, base, becas e formación, actividades e eventos cun presuposto de 800.000 euros.
No transcurso da reunión a alcaldesa felicitou ás empresas colaboradoras coa Fundación polo seu apoio ao deporte da cidade e salientou a necesidades de ampliar a participación de mais empresas para que apoien o proxecto VIDE.
Entre as actividades da Fundación VIDE están a de asesorar e axudar economicamente ás entidades deportivas de competición de Vigo, a de outorgar bolsas a deportistas destacados da cidade, ou a de realizar investigacións, estudios e proxectos sobre o deporte de alto nivel.
Descargar todas as imaxes