O Entroido,actividad principal das ludotecas municipais
Diversidade de temáticas e a celebración do Entroido centran a programación infantís e xuvenís para as rapazas e rapaces de Vigo que asistan durante o mes de febreriro ás ludotecas municipais da Casa da Xuventude, Coia, Lavadores, Coruxo e na de integración de Hoy por Mañana.<br />
Lavadores dedicará o mes de febreiro á realización de actividades entorno ós peles roxas de cara á gran festa que celebrarán ó final do mes en colaboración coa Asociación de Veciños, na que ademais de disfraces, haberá xogos e baile. Os obradoiros que se desenvolverán irán encamiñados a construír un ambiente indio, con elaboración de tipis, traxes, mantas e complementos, aprendizaxe dun código de signos e un gran xogo de rastrexo.
En Coruxo a ambientación de circo achegará ós usuarios ó mundo do espectáculo e a maxia a traveso de actividades atractivas e participativas. Ademais de elaborar diábolos, bolas de malabares e mazas, farán incluso un tío vivo. O enfoque do Entroido nesta ludoteca será o de achegar outros xeitos de celebración desta festa no mundo, ademais de introducir coplas, máscaras e disfraces na festa.
"A historia dos mundos", unha temática espacial, ambientará o Entroido en Coia. Así, ademais de decorar a ludoteca coma unha nave espacial e ós propios usuarios coma seres doutros mundos, faranse actividades coma a "oca espacial" ou o "gran xogo das guerrillas espaciais". A tradicional elaboración dunha película nesta ludoteca versará en torno ó "espacio", e seguirán facéndose as saídas, xogo de personaxes e demais propostas mensuais. Nesta ludoteca celebrarase a festa de Entroido conxuntamente coa ludoteca da Casa da Xuventude, na que terán actividades e temáticas diferentes. "As mil e unha noites" e os seus contos ambientarán xogos e propostas como o concurso de carteis de Entroido, unha representación teatral con títeres e a elaboración dunha comparsa. Todo esto sen deixar de lado as actividades regulares coma o mantemento dun taboleiro de información de pais e nais e as visitas dos colexios.
Estas dúas ludotecas ampliarán os horarios do Entroido ás mañás, abrindo tamén de 10:30 a 13:30 os días 23 e 24 deste mes.
A ludoteca de integración que funciona no Calvario na rúa Sagunto tamén ten previsto celebrar o Entroido dun xeito especial, elaborando ó longo do mes os disfraces correspondentes. Combinan esta actividade con outras de temáticas semanais coma "o espacio", "o amor" e "a bruxería", con obradoiros, intercambios de agasallos e elaboración de conxuros e xogos ambientados.
As ludotecas da Concellería de Xuventude funcionan todas as tardes do ano e pódese acudir ás actividades programadas con só asociarse gratuitamente. Máis información na Casa da Xuventude chamando ó teléfono 986 294 806.
Descargar todas as imaxes