Escoitar

Abel Caballero encabezará a delegación viguesa para defender Balaídos como sede do Mundial 2030

O vindeiro luns 12 de maio, unha representación do Concello de Vigo con técnicos municipais e o alcalde, entre outros, acudirá a unha reunión na sede do ente federativo en Las Rozas.

xoves, 8 mai 2025

O alcalde de Vigo apuntou esta mañá que, “como é natural e tíveno sempre na cabeza”, encabezará a delegación do Concello de Vigo a Las Rozas o vindeiro 12 de maio. Tal e como indicou, esta xoves envióuselle á Federación o listado definitivo de asistentes por parte do ente municipal.

“Seguirei defendendo a Vigo, en Las Rozas, en Madrid, e en toda España”, explicou Caballero, criticando as declaracións do Partido Popular solicitando que as forzas da oposición acudan tamén ao encontro. “Queren acudir á reunión para seguir apoiando a Louzán na decisión de deixar a Vigo sen Mundial”, preguntándose “qué dixeron o día 19 de xullo de 2024, cando nos comunicaron que non eramos sede?” ao que engadiu, “estiveron en silencio e cando falan é para atacar ao goberno de Vigo, que somos os que estamos defendendo a cidade”.

Descargar todas as imaxes