Escoitar

O Concello volve urxir á Xunta a ampliar o Ifevi para “non poñer en risco” a celebración de Conxemar en Vigo

Abel Caballero sinalou que é unha mostra da “incapacidade da Xunta de Galicia para resolver o problema máis importante co que se atopa Conxemar”. Tamén lembrou que “levamos ao Pleno da Corporación unha proposta de ampliación e o Partido Popular rexeitouno”.

mércores, 6 mar 2024

O presidente de Conxemar realizou no día de onte declaracións volvendo “solicitar que se amplíe o IFEVI”, xa que “é a feira principal de peixe conxelado no mundo” na que “quere participar todo o sector, pero non pode porque non existe espacio para instalar máis stands”.

O alcalde relatou que “Conxemar xa presentou un proxecto de ampliación, que foi apoiado polo Concello de Vigo”, pero “a Xunta de Galicia non o quere ampliar” por iso “o Partido Popular votou en contra no Pleno de Vigo e no Parlamento de Galicia”. A Xunta “non ten planificada a ampliación e é imprescindible que a acometa”, xa que Conxemar é “vital para a cidade e para Galicia”.

Finalmente o rexedor vigués tamén definiu como “imprescindible” a “ampliación dos accesos”, cuestión que “lle corresponde á Xunta de Galicia e o goberno central, polo que incito a ambos a que o solventen”.

 

Descargar todas as imaxes