O alcalde recibe un recoñecemento dos maiores da residencia de Barreiro
O alcalde recibiu o primeiro premio da mans dos maiores da residencia DomusVi de Barreiro pola súa traxectoria vital. Abel Caballero achegouse ata as instalacións onde saudou aos residentes e recolleu o "Premio Traxectoria", que vai destinado "a unha persoa recoñecida e que fai unha labor importante contra o idadismo". O rexedor agradeceu o recoñecemento e puxo de manifesto a importancia e actividade que o goberno local lle dai á terceira idade.
