O alcalde felicita a Hermasa polo seu 50 aniversario
O rexedor vigués acudiu esta mañá ao acto de celebración do 50 aniversario de Hermasa, no que destacou que "cincuenta anos despois a idea xerminou, colleu corpo e agora é un referente", culminando coa "consolidación dunha marca". Hermasa é unha empresa que dende Vigo "cambiou o mundo da conserva" ao desenvolver e introducir no sector o máis avanzado en electrónica, automatismos e intelixencia artificial.



