Abel Caballero: “Hoxe arranca a montaxe do mellor Nadal do mundo, o de Vigo”
O alcalde anunciou esta mañá o arranque do Nadal no planeta co inicio da instalación dun dos 56 elementos de grande tamaño, a caixa de regalo da Gran Vía. Unha vez máis, Vigo contará coa árbore máis alto de España que este ano acadará os 40,5 metros.

Esta mañá, no cruce de Gran Vía e Lepanto, comezou a colocación das luces de Nadal coa instalación da caixa de regalo que terá 17 metros de altura. Acompañado pola tenente de alcalde, Carmela Silva, e por varios concelleiros, avanzou que hoxe "comeza a montaxe do Nadal neste planeta".
Segundo relatou, na próxima campaña navideña, Vigo contará con "11,5 millones de luces led, o máximo número en ningunha cidade do planeta"; 450 rúas iluminadas; máis de 6.000 estructuras decorativas; 3.708 arcos de luz; 56 elementos de gran tamaño ou 2.318 árboles iluminados;
A todos estes elementos, unirase o gran árbol de luces da Porta do Sol, con 40,5 metros de altura, "o máis alto do mundo", e outras actividades e "sorpresas". "É o mellor Nadal, e invito a toda España", dixo Caballero.

