Escoitar

O Pleno vigués aproba instar ao presidente da Xunta a garantir unha correcta asistencia sanitaria ás viguesas e vigueses

Carlos López Font lembrou esta mañá no Pleno municipal “a pésima situación sanitaria na cidade de Vigo, volvéndose máis delicada aínda no verán”.

martes, 12 set 2023

A moción proposta polo Grupo Socialista, tamén foi apoiada polo Bloque Nacionalista Galego, logrando 19 votos favorables fronte os 5 contrarios do Partido Popular. Esta moción contou cunha engadega do BNG para solicitar a Xunta que inclúa nos presupostos a dotación económica para a creación de dous novos PAC.

Como defendeu Font, “a demanda dos usuarios do sistema público de saúde é atronadora pero son os profesionais, os que máis sofren este caos organizativo”, xerando que “os atrasos nas citas son crónicos e cada vez aumentan máis nas datas”. Deste xeito instase á Consellería de Sanidade á planificar o próximo verán coa antelación suficiente, incrementando as dotacións materiais e de persoal.

Aprobadas as festividades locais do 2024

A Corporación Municipal referendou esta mañá a proposta de festivos locais do ano 2024, sendo o primeiro o martes de de entroido (13 de febreiro) e a festividade de San Roque (venres 16 agosto). Font sinalou que existe unha modificación da planificación habitual, xa que este ano o 28 de marzo, día da Reconquista, é festivo ao cadrar en Xoves Santo.

Descargar todas as imaxes