Escoitar

O alcalde despide no aeroporto ao alumnado do programa municipal “Vigo en Inglés 2023”

Este venres partiron da terminal viguesa os dous primeiros voos con estudantes que recibiron unha beca do Concello para aprender inglés no Reino Unido. Entre setembro e outubro viaxarán 925 mozas e mozos.

venres, 8 set 2023

“É un programa excepcional, co que non soamente aprenden inglés e a cultura senón que son capaces de ter relación con xente distinta nun país distinto”. Así resumía Abel Caballero o obxectivo do programa municipal de inmersión lingüística “Vigo en inglés”, ao que o goberno local dedica 2,2 millóns de euros anuais.

Este ano viaxarán coa bolsa municipal 925 alumnas e alumnos viguesas ao Reino Unido e Irlanda para gozar dunha estadía de tres semanas cursando unha formación intensiva de mellora da lingua inglesa.

O rexedor despediu este venres no aeroporto vigués aos 64 alumnos de cinco institutos da cidade que collían o voo con destino ao Reino Unido. Mañá sábado parte o terceiro voo deste ano con 25 estudantes. En total, o goberno municipal organizou 24 viaxes para os 925 estudantes bolsados, que estudarán en 52 destinos e irán acompañados por 70 monitores do programa.

Descargar todas as imaxes