Volve a Samil o Verán Deportivo e o GP Concello de Vigo de tenis praia
O programa Verán Deportivo arrincou contará con plena actividade todo o mes de xullo para rematar o 12 de agosto coa súa derradeira proba en Samil. Esta fin de semana vai ser tempo do tenis praia, cunha importante proba do circuíto nacional que organiza a Federación Española de Tenis baixo o nome de Gran Premio Concello de Vigo.
O programa Verán Deportivo, co patrocinio do Concello de Vigo, contará con plena actividade todo o mes de xullo para rematar o 12 de agosto coa súa derradeira proba en Samil. Manel Fernández, concelleiro de Deportes, anunciou calendario de eventos con tenis praia, fútbol e voley praia afeccionado e federado para cada fin de semana ata que remata este mes.
O edil estivo acompañado por Guillermo Janeiro, en representación da organización, e por Pablo González (FGT), Mateo Carrera (Club Tenis Playa Vigobao), Asia Adra (Volei Praia Vigo) e Germán Martínez (Asociación de Futevolei Vigo), ademais de por outras xogadoras. Coma sempre, a instalación para o desenvolvemento do Verán Deportivo está localizada “na desembocadura do Lagares, a uns metros do complexo deportivo municipal de Samil, “un lugar espléndido para desenrolar as actividades de verán”, dixo o concelleiro. Todos os clubs que compiten agradeceron esta iniciativa de Organizia co seu Verán Deportivo e apoio do concello.
Esta fin de semana vai ser tempo do tenis praia, cunha importante proba do circuíto nacional que organiza a Federación Española de Tenis baixo o nome de Gran Premio Concello de Vigo. O voley praia ten adxudicadas varias datas (15, 22, 23, 29 e 30), unhas para afeccionados e outras do campionato galego e o fútbol para Sub-10 e Sub-12, a fin de semana do 12 e 13 de agosto.
O concelleiro felicitou a este clubs e lembrou que os deportes de praia “crean un ambiente lúdico e recreativo dos que goza moito a xente”.