Escoitar

O goberno local inicia o seu mandato coa planificación de inversións

Humanizacións, Vigo Vertical, dotacións deportivas e culturais así como o inicio do deseño do futuro Vigo Arena, o recinto que albergará concertos, espectáculos e todo tipo de eventos, son as cuestións que estiveron sobre a mesa na primeira xuntanza do goberno encabezada por Abel Caballero.

luns, 3 xul 2023

Os 19 concelleiros do goberno local mantiveron a primeira xuntanza logo do pleno de organización municipal na que abordaron os primeiro investimentos a desenvolver durante a lexislatura.

O alcalde deu conta do “proxecto ambicioso” a apuntou a cumprir o que dixo na campaña electoral. Deste xeito, Abel Caballero puxo de manifesto que xa encargou comezar a contactar con coñecedores de recintos para albergar concertos, espectáculos e todo tipo de eventos, o que será o futuro Vigo Arena: “Témolo programado e sabemos onde querémolo facer. Queremos ver experiencias doutras cidades de Europa”, manifestou.

O Concello tamén seguirá a humanizar as rúas de Vigo, tamén as das parroquias, na que no primeiro ano de lexislatura o alcalde prevé mellorar ao redor de 70. “Durante a lexislatura faremos ao redor de 400 rúas”, afirmou.

Durante os próximos anos o goberno local tamén cumprirá co deporte, coa remodelación dos vestiarios dos 40 campos de fútbol. Caballero tamén avanzou que “hai prioridade para dous novos pavillóns deportivos de xeito inmediato”.

Descargar todas as imaxes