Escoitar

O Festival de Danza de Vigo programa seis días de actuacións con 32 escolas

A Porta do Sol acolle desde este domingo, 25 de xuño, e ata o vindeiro 30 de xuño, seis xornadas de espectáculos de danza da man do alumnado de trinta e dúas escolas viguesas.

venres, 23 xuñ 2023
Cartel do festival
Cartel do festival

O Festival de Danza Vigo en Festas 2023 comeza a súa programación este domingo, 25 de xuño, na Porta do Sol por onde pasarán cada día arredor de 250 alumnas e alumnos das escolas da cidade.

Serán seis días de actuacións, ata o vindeiro día 30, nos que as trinta e dúas escolas participantes amosarán as súas destrezas nunha variedade de disciplinas que vai desde o jazz, o ballet clásico, contemporáneo, hip-hop, afrohouse, baile galego, flamenco, oriental...

O festival que organiza o Concello programa actuacións desde as 20:30 e ata as 22 horas da man de 32 escolas: As Sereas -Valladares, Asociación Gunga, CDPI.- Pau Izard, Club Pasos baile Galicia, Community Dancers, Coppelia, Coruxo Dance, Deborah, Endanza, C.S.C.D.R. Val do Fragoso, Evita Salsera, Flashdance, Gabriel- Essens, Husling dance, Inés Nuñez, Ítacas, Kiap, María Losada, Media Punta, Miriam Pino, Mónica Escudero, Moovit, New Era, Olivia Maté, Pasiños, Pasos Baile Galicia, Rebeca Hanun, Stardanza, Studio 57, Susana Castro, Teressa Ngundi e Unidance.

Descargar todas as imaxes