Escoitar

Vigo rexistra un maio turístico de récord

O Instituto Nacional de Estatística publicou os datos do mes de maio, cun récord para Vigo en número de turistas neste mes o no acumulado do ano 2023.

venres, 23 xuñ 2023

Abel Caballero deu conta dos datos turísticos publicado polo Instituto Nacional de Estatística, que apuntan ao crecemento dos visitantes á cidade. Deste xeito, Vigo rexistrou o mellor maio desde que hai rexistros no INE. “Aumentamos o número de visitantes nun 7,03% con respecto ao ano 2019 e nun 10% se comparamos con 2022”, cifrou o rexedor.

Subiron tanto os turistas nacionais, nun 2%, como os estranxeiros, nun 17%. “Seguiremos xerando esta gran parte da economía que é o turismo, todo promovido desde o Concello”.

 

Descargar todas as imaxes