O Pleno aproba a modificación de crédito para financiar as festas de verán e O Marisquiño
A Corporación Municipal aprobou este venres nunha sesión plenaria extraordinaria a modificación de crédito de 1.840.000 euros cos votos favorables dos socialistas e a abstención dos grupos da oposición.

A modificación de crédito superior a 1,8 millóns de euros, con cargo aos remanentes do Concello, quedou aprobada definitivamente este venres por parte do Pleno municipal.
Así, reciben luz verde as partidas orzamentarias para o programa de concertos de verán “Vigo en festas”, que ascende a 1.300.000 euros, e a partida para o festival O Marisquiño, por un importe de 540.000 euros.