Abel Caballero: “Vigo recibe 6,4 millóns para programas de rehabilitación de vivenda”
O alcalde avanzou esta mañá esta asignación de fondos europeos para Entornos Residenciais de Rehabilitación Programada, co obxectivo de mellorar a eficiencia enerxética.
O Concello de Vigo realizou unha petición de fondos ambiciosa para mellorar a eficiencia enerxética de 12 zonas de Vigo. Destas, oito delas son ARI: Casco Vello; Bouzas; Santa Clara; Beiramar; Espiñeiro-Teis; San Pablo; San Roque e Coia, zona na que ademais realizamos unha ampliación, que elevará de 1.200 a 6.000 as vivendas. Existen outras catro peticións como Fenosa, Salgueira, Gorxal e a contorna descontinua de Canicouva-Alcalde Lavadores-Escolas Públicas.
Abel Caballero explicou que “Galicia recibiu un total de 11 millóns dos que 6,4 foron para a nosa cidade” debido a que “na tramitación dos ARIs, Vigo esta mostrando una eficacia excepcional, provocando que a asignación de recursos sexa máis da metade da de Galicia”.