Escoitar

Vigo terá ata 22 cacharelas a noite de San Xoan

O Concello recibiu 22 solicitudes que deberán pasar a inspección final por parte do servizo de bombeiros. A cidade retoma a tradición festiva da noite do 23 de xuño logo de dous anos marcados pola pandemia sanitaria.

martes, 21 xuñ 2022

Vigo volverá a ter cacharelas a noite do 23 de xuño tras dous anos sen celebrar a tradicional festa de San Xoan. Abel Caballero deu conta de que recibíronse 22 solicitudes “que aínda teñen que pasar a inspección final polo servizo de bombeiros”.

Segundo enumero en rolda de prensa, a solicitudes foron as seguintes: Saiáns – Asociación vecinos San Xurxo, Alcabre – Asociación Nosa Terra, Freixo – Asociación Amigos do Freixo, Seixo-Beade – Amigos do Seixo, Muíños – Lola y Lía, Praza do Berbés – A.V Casco Vello, Cabral – A.V Cabral, Candeán- Unión Veciñal, Toralla – Comunidad propietarios Illa Toralla, Joaquín García Picher – Asociación As da Industria, Valladares – Asociación Veciñal, Aero Club – Real Aero Club, Matamá – Sociedade Atlántida, Bembrive – Entidad local , Zamáns – Asociación San Mamede, Castrelos – A.V. Monte da Mina, Teixugueiras – Asociación Novo Vigo, Teis – Asociación veciños, Liñares – Asocación Os Liñares, Comesaña – Asociación Os Ventos, Casco Vello – Asociación Barrio Alto Casco Vello e Coruxo – Centro Recreativo, Artístico e Cultural.

O alcalde advertiu en rolda de prensa a prohibición de facer cacharelas nas praias e os parques.

Descargar todas as imaxes