O goberno municipal aproba 60.000 euros para tres entidades deportivas de elite da cidade en 2022
O alcalde tamén trasladou en rolda de prensa as subvencións á Fundación Grandes Amigos en Acción para o desenvolvemento de programas de acompañamento e socialización e á Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui para o programa “Vacacións en paz”.
Abel Caballero deu conta en rolda de prensa da achega de 60.000 euros a tres entidades deportivas de elite. A Xunta de Goberno aprobou o investimento para o Mosteiro Bembrive, Club Atletismo Femenino Celta e Real Club Celta de Atletismo. O alcalde lembrou tamén o apoio que fai o goberno local ao deporte base.
Noutro orden de cousas, aprobouse a subvención para a Fundación Grandes Amigos en Acción para o desenvolvemento dun programa de acompañamento e socialización. O importe é de 80.000 euros ata 2025. O alcalde deu importancia á Asociación, “que proporciona compañía e axuda a evitar a soidade dos máis maiores”.
A Xunta de Goberno tamén aprobou a subvención para a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui cun investimento de 280.000 euros ata 2025. Caballero puxo de manifesto o programa “Vacacións en paz” que organiza dita asociación e que permite o acollemento temporal de nenos e nenas do Sáhara durante o verán.