Escoitar

O Concello destina o 70% das Axudas de Emerxencia a vivenda

O alcalde deu conta da Comisión das Axudas de Emerxencia na que se concederon 84 axudas cun importe ao redor dos 12.000 euros.

mércores, 19 xan 2022

A Comisión de Axudas de Emerxencia outorgou 84 axudas nas que o 70% foron para vivenda. Deste xeito, o rexedor apuntou “á necesidade de vivenda e vivenda a prezo accesible e con protección, e non hai”, lamentou.

Abel Caballero manifestou o seu descontento coa Xunta neste eido: “A Xunta parece estar na vivenda de mercado e cara e isa non é a nosa posición. Queremos vivendas de mercado accesibles sen especulación e vivendas de protección, e iso só se consigue coa oferta de vivenda a través do PXOM”.

O alcalde louvou o xeito de resolver a ausencia de vivenda no novo Plan Xeral de Ordenación Municipal, que, anticipa, “resolverá tamén as dificultades para o alugueiro”. Caballero lembou que o novo plan contempla 15.000 vivendas con algún tipo de protección xa que Vigo conta con máis de 5.000 persoas á espera de mercar un inmoble.

Descargar todas as imaxes