O alcalde visita as obras do futuro Centro de Formación Municipal no Casco Vello
O edificio manterá a fachada de pedra e terá dous andares e baixo cuberta cun total de 400 metros cadrados para desenvolver actividades e obradoiros de formación.
Abel Caballero visitou as obras do futuro Centro de Formación Municipal situado na rúa Alta do Casco Vello. O novo edificio terá dúas entradas, pola mesma rúa Alta e tamén pola Praza dos Pescadores. Segundo explicou o rexedor, na rúa Alta hai una pendente do 17%, polo tanto “moi difícil acceso” e por iso haberá accesos tamén pola outra parte do inmoble.
O rexedor explicou que o novo edificio manterá a fachada de pedra e valorou o proxecto como “unha obra arquitectónica moi bonita”. O Centro de Formación terá dous andares e baixo cuberta e serán unas instalacións de 410 metros cadrados.
A obra conta cun orzamento de 693.360 euros, con cargo ao proxecto EDUSI Vigo Vertical financiado con fondos europeos, e un prazo de execución de 8 meses.