Dez persoas do Programa de Vivenda Social para Procesos Terapéuticos foron reinseridos no mercado laboral
O Concello atendeu nas vivendas para dar comezo á vida autónoma a 82 persoas desde 2019.
O Concello atende en vivendas tuteladas ata 17 persoas á vez coa finalidade de segue o procedemento de desintoxicación en CEDRO e permitir dar o comezo destas persoas á vida autónoma.
O alcalde explicou en rolda de prensa que “o obxectivo é reinserir no mercado laboral aos usuario que se atenden nestas vivendas e que están no proceso de desintoxicación, que teñan un aloxamento e que poidan habituar á nova vida”. Deste xeito, o balance é que dez persoas foron reinseridas no mercado laboral e corenta e tres recibiron formación específica.
O Concello adica ao Programa de Vivenda Social para Procesos Terapéuticos 135.000 euros en tres anos. Neste tempo, atendeuse a 82 persoas entre 2019 e 2021, 58 homes e 24 mulleres.