Caballero eloxia a “longa traxectoria e magnífico traballo” de DOA no eido da saúde mental
A entidade celebrou na Praza do Rei o acto conmemorativo do Día Mundial da Saúde Mental cuxo lema este ano é “A saúde mental, un dereito necesario. Mañá poderías ser ti”. Abel Caballero loou o labor realizado por Doa, Saúde Mental na cidade como un “factor de renovación na forma de entender e pensar os temas relacionados coa saúde mental, que ten que ser tratada como parte activa da pelexa da sociedade”. Por iso comprometeu o apoio do Concello porque “temos que facer da sociedade viguesa unha sociedade de dereitos e as persoas con algunha discapacidade ou doenza mental teñen dereito a ser atendidos e con prioridade na atención”.
