Escoitar

O alcalde sitúa a Vigo como capital do mundo da pesca sostible no congreso da FAO

O congreso da FAO -antesala da feira Conxemar - contou nesta ocasión coa presenza da súa Maxestade a Raíña Letizia no Auditorio Mar de Vigo, nun acto no que tamén estiveron presentes o alcalde, o ministro de Agricultura e o presidente da Xunta. Durante a súa intervención, Caballero apuntou á cidade como capital do mundo da pesca sostible e responsable.

luns, 4 out 2021

O alcalde participou esta mañá no congreso da organización para a nutrición das Nacións Unidas, FAO, que se desenvolveu esta mañá no Auditorio Mar de Vigo coa presenza da súa Maxestade a Raíña Letizia. Na súa intervención, Caballero defendeu a pesca que se realiza na cidade, responsable e sostible desde todos os seus ámbitos, coidando os océanos e o medio ambiente. Apelou á cooperación entre administracións para seguir practicando unha pesca responsable e agradeceu á FAO que sigan elixindo Vigo para organizar este certame científico.

Na inauguración do IX congreso FAO-Conxemar que sirve antesala á celebración da feira internacional de produtos do mar conxelados, Conxemar, tamén estiveron presentes o ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas; e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, entre outras autoridades.

 

Descargar todas as imaxes