Abel Caballero: “A Estación de Urzáiz está á altura das máis importantes de Europa”
O alcalde valorou positivamente a apertura do Centro Comercial Vialia, integrado na nova estación ferroviaria Urzáiz de alta velocidade, e cualificouna como “a máis importante de España e á altura das máis importantes de Europa”. Caballero vaticinou que será “un foco de atracción de compradores” e augurou “un tirón para toda a cidade porque virá xente de toda Galicia e Portugal”



