Teis coroa a hamburguesa de D’Antonio na Ruta dos Pinchos
O alcalde, Abel Caballero, fixo entrega este mércores dos recoñecementos xunto ao edil de Comercio, Ángel Rivas. A tapa de D’Antonio alzouse co primeiro premio no concurso, seguida da cociña do Café Bar A Dorna.

Unha ducia de establecementos do popular barrio vigués de Teis participaron na Ruta dos Pinchos deste ano, un concurso que invitou á cidadanía a saborear as distintas propostas culinarias durante dúas semanas e votar polas súas favoritas. Entre as doce opcións, o público -que optaba a vales de compra de ata cen euros- proclamou como gañadora desta oitava edición da Ruta á hamburguesa do Café Bar D’Antonio, coa tapa do Café Bar A Dorna como segunda clasificada.

