Escoitar

O HALO, premiado nos LOOP Design Awards

O ascensor que unirá as rúas García Barbón e Vía Norte foi o gañador definitivo na categoría “Arquitectura non construída” nos LOOP Design Awards 2021.

xoves, 30 set 2021
O alcalde cunha representación de Arena&Asociados, gañadores do concurso do ascensor
O alcalde cunha representación de Arena&Asociados, gañadores do concurso do ascensor

O Proxecto HALO foi galardoado nos LOOP Design Awards como gañador definitivo na categoría de “Arquitectura non construida”. Un xurado internacional avaliou a proposta entre outras 650 de máis de 50 países.

Abel Caballero celebrou o recoñecemento porque “é unha obra de arte e un modo de mobilidade vertical”. O rexedor amosou o entusiasmo ao anunciar o galardón en rolda de prensa “porque Vigo é obxecto de atención e xogamos un papel moi importante”, afirmou.

Os LOOP Design Awards nacen dun grupo pequeno de arquitectos, deseñadores, investigadores , fotógrafos e artistas repartidos por todo o mundo. Nos últimos anos convertéronse nun dos premios máis prestixiosos e recoñecidos nos campos da arquitectura, deseño de interiores, paisaxismo, diseño de produto e fotografía da arquitectura.

O obxectivo é dar a coñecer os mellores traballos a nivel mundial nos campos anteriormente sinalados, converténdose nun referente entre os premios internacionais máis prestixiosos.

 

Descargar todas as imaxes