Escoitar

VigoZoo programa xogos de escapismo os domingos de verán

O alcalde sinalou que as actividades "son para todos os públicos" e avanzou que o ano próximo haberá máis prazas nos campamentos.

martes, 8 xuñ 2021

O 20 de xuño comezan as actividades de aprendizaxe e lecer no VigoZoo. Todos os domingos de verán haberá xogos de escapismo para o público familiar e grupos de amigos.

As actividades levaránse a cabo o 20 e 27 de xuño; 4, 11, 18 e 25 de xullo; e o 1, 8, 15 e 22 de agosto. Todas elas desde as 17 horas ata as 21.

Abel Caballero adiantou que haberá entre 14 e 16 prazas por quenda "seguindo criterio e seguridade Covid-19", polo que as prazas son limitadas e haberá que reservar antes do xoves previo a actividade. Se pode facer a inscripción no teléfono 986 26 77 83 de luns a venres ou na web www.taquilla.vigozoo.org. O prezo é de 2 euros e os menores de 3 años poden participar de balde.

Por outra banda, o rexedor adiantou que se adjudicaron 2.388 plazas nos campamentos de verán. Ademáis, avanzou que haberá máis prazas os vindeiros anos. Tamén destacou a subvención municipal, coa que as familias aforran case o 50% do custe.

Descargar todas as imaxes