Escoitar

Mariño e Pedrosa anuncian a posta en marcha de proxectos de futuro comúns para Vigo

O alcalde de Vigo, Ventura Pérez Mariño, reuniuse co presidente da Autoridade Portuaria, Julio Pedrosa, para organizar un axenda de traballo que procurará resolver problemáticas comúns e tralo encontro agoiraron "magníficas relacións entre as dúas institucións".

martes, 17 xuñ 2003
1055853800pedrosamarino.jpg
Julio Pedrosa e Ventura Pérez Mariño
"Analizaremos os elementos comúns entre o Porto e a cidade e con boa vontade imos pór en marcha proxectos de futuro para Vigo", destacou Pérez Mariño.

Pedrosa sinalou a intención "de ver xuntos cara o futuro e de poñerse de acordo porque temos moitos temas comúns que necesitan buscar concordia e boas relacións".

Nos vindeiros días designaranse os representantes do Concello de Vigo no Consello de administración da Autoridade Portuaria.
Descargar todas as imaxes

Máis información