Escoitar

Presentación do libro "Adeus, Portugal" de Paula Lemos

A novela "Adeus, Portugal" recentemente premiada será presentada pola escritora Marga do Val o 17 de xuño ás 20:00 no Instituto Camoes, situado na Casa de Arines.

martes, 17 xuñ 2003
Novela satírica sobre o poder instituído e a institución retratada como unha alegoría e, por conseguinte, intemporal e sen espacio xeográfico delimitado do poder e da decadencia que ese mesmo poder comporta. Novela que parte do Don Quixote con tres personaxes principais: Furnigunges Rabanete, representante da Institución, Quixota, muller integrada na Institución e desintegrada pola mesma, e Vladimir Home-Libre, descendente do Lenine.

Ambos representan a contra-institución, acabando por crear unha nova institución que, aínda que non o queiran, virá a facer parte da primeira, tal como as dúas caras dunha moeda.

Paula de Lemos, (1962, Lisboa) licenciada en L.L.M. en portugués/alemán, mestra en literatura comparada (Universidade de Lisboa), poetisa e escritora bilingue, publica asiduamente en Galicia (Entre Dunas, Ed. Espiral Maior), no Luxemburgo–onde obtivo o "I Premio literario de Luxemburgo 1998" polo conto "Mélusine" (Ed. Phi) - e na Alemaña, onde vive (Sabotage in Blau, ed. Trèves)