Escoitar

Vigo acolle o X Campionato de España de atletismo para diminuídos psíquicos

Os clubes vigueses Aspanaex, San Rafael e Playa de Samil participarán no campionato de España de atletismo para diminuídos psíquicos que congregará do 20 ao 22 de xuño a máis de 250 deportistas nas pistas de Balaídos.

luns, 16 xuñ 2003
Os atletas representarán no evento a 43 clubes diferentes, oito deles de orixe galega. O campionato, que conta coa colaboración do Concello de Vigo e da Deputación de Pontevedra, está organizado pola Federación española de deportes para discapacitados intelectuais e a Federación galega de deportes para minusválidos físicos.

O evento dividirase en tres xornadas, dúas o sábado e unha o domingo. Para pechar o acto celebrarase un desfile por clubes.