Escoitar

O Concello repara os desperfectos da praza de América e do Castro

Operarios municipias realizan tarefas destinadas a paliar os danos causados o domingo na praza de América e no Monte do Castro tralo partido entre o Celta e a Real Sociedade.

martes, 17 xuñ 2003
Segundo consta nun informe dos Servicios de Electromecánicos, o deterioro das instalacións da fonte pública da praza de América están cuantificados en 2.014 euros e corresponde a material como 3 xaulas de protección en aceiro galvanizado para lanzas; 6 xaulas de protección de aceiro galvanizado para bombas; 25 lanzas; 10 proxectores; revisión e limpeza de fonte; reposición adoquinado; reposición do xardín enteiro e reposición de 200 m3 de auga. Está pendente a inspección da capa impermeabilizante do vaso.

No parque do Castro, dentro do recinto do Castelo, os operarios da Concellería de Parques e Xardíns consideraron os despefectos en dous cruceiros e no monumento ó Canteiro, obra dos anos noventa de Silvino Silva, escultor xa falecido. A contía dos danos está avaliada en 3.000 euros no monumento; en 1.800 euros nun dos cruceiros totalmente destrozado e no outro onde só está rota a cruz en 900 euros.

O Concello reparará os despefectos ocasionados no monte do Castro e convocará unha reunión de seguridade para prestar atención a estes problemas e determinar medidas.