Escoitar

O Concello ofrece servizo gratuíto de asesoramento e formación a emprendedores e Pemes

O goberno local segue traballando no proceso de reconstrución económica e social da cidade no que xa a esa a investir máis de medio millón de euros en iniciativas relacionadas co emprego. Esta mañá o rexedor avanzou a posta en funcionamento de Vigo emprende, un programa de asesoramento e formación de emprendedores e pequenas e medianas empresas dotado con 300.000 euros dentro da estratexia Dusi Vigo vertical.

mércores, 10 xuñ 2020

O alcalde mantivo esta mañá un encontro coa empresa concesionaria de Vigo emprende, un programa de dinamización económica e empresarial dotado con 300.000 euros nun contrato de dous anos. Adxudicada por concurso público á UTE Dirección por Implicación y Consulting Empresarial Casares, esta iniciativa forma parte da estratexia DUSI Vigo Vertical, cofinanciada con fondos Feder. O obxectivo é acompañar e servir de ferramenta gratuíta a emprendedores e pequenas e medianas empresas de cara saber, por exemplo, como obter finanzamento, subvencións, créditos, posibles exención de taxas ou recursos europeos.

Trátase, segundo explicou o rexedor, de favorecer o autoemprego como palanca de dinamización do tecido produtivo, de mellorar a competitividade empresarial, así como de crear novo tecido empresarial, ademais de fortalecer o xa existente. A empresa dispón de especialistas en distintas materias que tamén realizarán una labor formativa materias como novos prantexamentos despois do Covid-19, a relación cos clientes, a dixitalización ou o posicionamento competitivo, entre outros.


O rexedor enmarcou esta acción como unha máis dentro do proceso de reconstrución económica na cidade que está a liderar o Concello e no que xa se investiu más de medio millón de euros con iniciativas dirixidas a ofertar servizos gratuítos ás empresas. Destacou entre elas outro programa de apoio a autónomos e micropemes, dotado con 122.000 euros; un plan de contratación para as empresas, de 100.000 euros ou axudas ao traballo colaborativo por 35.000 euros.

Neste plan de reconstrución o Concello vai da man da Deputación, coa que coopera en temas de recuperación turística así como da Zona Franca, con apio a industria pesada, ampliación do capital de Vigo activo ou redución e aprazamento do pago dos alugueres ás entidades instaladas no Consorcio.

Durante todo este tempo e co obxectivo de preparar de xeito conxunto a reactivación económica da cidade, Caballero mantivo reunións con todos os sectores produtivos: construción, pesca, turismo, comercio, hostalaría, deporte, cultura, entre outros....

 

 

 

 

Descargar todas as imaxes