O Concello avoga porque o comercio local siga a ser sinónimo de garantía sanitaria
Ofrecer garantías sanitarias e concienciar á cidadanía da importancia de comprar en Vigo son algunhas das conclusións acadadas ao longo do encontro que mantivo esta tarde o rexedor con máis de trinta representantes do sector comercial. Entre outras medidas, o Concello impulsará unha plataforma ou rede de venta 'on line' para apoiar a actividade comercial e contribuír a súa dinamización.
O alcalde avogou esta tarde porque o comercio de Vigo ten que seguir a garantir seguridade sanitaria, tal e como o vén facendo ata o de agora, tal e como se constatou no encontro virtual que o alcalde mantivo con máis de trinta representantes do sector comercial da cidade. Outra das conclusión ás que se chegou pasa pola necesidade de concienciar colectivamente á cidadanía para que elixa comercio local porque é sinónimo de calidade.
O rexedor defendeu un proceso “coordinado de reconstrución do comercio”, no que estean integrados os propios comerciantes, o goberno local, e a Xunta de Galicia, como a administración con competencias nesta materia, sen esquecer ao Goberno Central. O obxectivo, dixo, é aunar o esforzo económico de todas as partes. Neste punto, amosou a súa disposición a falar sobre sobre os impostos ou taxas municipais, sempre que este apoio tamén sexa soportado de forma correlativa pola Xunta e polo Estado.
Ademais de afondar en accións de promoción con actividades culturais como atracción turística, o alcalde referiuse á cesión de espazos públicos para que comercios e negocios poidan realizar a súa acción con maior seguridade, chegando incluso a considerar o uso da calzada en determinadas situacións. Por último, referiuse á promoción da venda “on line”, coa construción dunha grande rede virtual comercial para negocios locais, unha gran central de compras virtual. Trátase, matizou, dun proxecto previsto a máis longo prazo pero “é o momento de aceleralo”.
Logo do encontro, no que se pasou revisión á fórmula para reconstruír a acción económica da cidade, o alcalde avanzou que o Concello xa se adoptou medidas en defensa do comercio local como a negativa a construír grandes áreas comerciais fóra da cidade como Porto Cabral ou outras previstas en concellos limítrofes, de feito, o Plan Xeral non recolle ningunha gran área que non estea prevista xa na cidade.