Escoitar

O Concello licitará 40 humanizacións no rural que se sumarán á obra pública que se reactiva hoxe na cidade

Na xornada de hoxe xa comezaron algunhas obras públicas da cidade como o pavillón de Quirós ou a Estrada Porto, aínda que a meirande parte destes traballos de construción municipal arrancará mañá martes, coa reactivación de Gran Vía, Porta do Sol ou Ronda don Bosco.

luns, 13 abr 2020

O alcalde de Vigo deu conta esta mañá da reactivación da obra pública da cidade, aínda que o groso comezará mañá martes dado que é hoxe é festivo no sector da construción. Nesta xornada arrancaron traballos por valor de 7 u 8 millón de euros, entre os que están o pavillón de Quirós, a Estrada Porto, a humanización de Juan Bastos ou melloras en viais. Mañá será a quenda de Porta do Sol, Gran Vía Ronda don Bosco, a Muralla do Castro e Vialia. Segundo detallou, o mércores retomarase o carril bici Teis-Samil. O Concello licitará, así mesmo, nos próximos días 40 humanizacións no rural, ás que se sumarán Seráfín Avendaño, Heraclio Botana, Roupeiro e o ascensor de Pi i Margall.


Pago a provedores
Caballero avanzou tamén que o período medio de pago a provedores do Concello en marzo foi de 11,6 días, unha vez máis o mellor dato de toda España. Nun mes que xa foi complexo pola crise sanitaria, a administración local abonou un total de 11.990236 euros, unha cifra que se eleva aos 31.818.761 euros no que vai de trimestre. Na rolda de prensa telemática, o alcalde puxo en valor estes datos porque este prazo “é a mellor contribución que pode facer o Concello á economía da cidade e ás súas empresas”. Neste punto, agradeceu aos traballadores municipais o seu esforzo laboral desde o confinamento.