Escoitar

Vigo acolle o luns a gala dos Premios Max das Artes Escénicas

O coreógrafo Ramón Oller presentou as características da gala da VI edición dos Premios Max das Artes Escénicas que terá lugar o próximo luns, 5 de maio, no teatro do Centro Cultural de Caixanova e que conta coa colaboración do Concello de Vigo. Na presentación tamén estivo o alcalde Lois Castrillo e Javier Vidal, delegado xeral da SGAE en Galicia. Os galardóns, instaurados pola Sociedad General de Autores y Editores teñen como fin promocionar e reivindicar o mundo do teatro, a danza e o circo nas súas diferentes expresións.

venres, 2 mai 2003
1051877350trofeo.jpg
Trofeo
A presentación da gala estará a cargo dos actores galegos Berta Ojea, María Bouzas, María Pujalte e Sergio Pazos, ademais de Carmen Conesa, Julieta Serrano e Rossy de Palma. O espectáculo terá unha duración de dúas horas e media con guión de Piti Español. Os números coreográficos están baixo a dirección musical de Joan Vives. O negro será a color das roupas de presentadores e bailarines con colecciones cedidas por deseñadores galegos e doutros puntos de España.

Durante a gala sucederanse actuacións como a do gaiteiros Carlos Núñez ou Marina Rosell.

Na presentación da gala, o alcalde Lois Castrillo manifestou que Vigo recibe con orgullo a celebración dos premios e invitou os cidadáns a participar nos espectáculos que se realizan na rúa desde hoxe e ata o o domingo co nome de "Os Max na rúa".

Os pasarrúas "Os Max na rúa", comezan o venres coa actuación de Sarruga, ás 19:00, na Praza da Princesa, rúa Policarpo Sanz e Avenida Montero Ríos. O sábado chegará o turno dos galegos Quinquilláns (12:00 horas, Calvario) e Picompé (19:00 horas, Príncipe) e os bascos Goloka (24:00 horas, Montero Ríos). Por último, o domingo, os galegos Quinquilláns e Avelino ofrecerán unha actuación conxunta en Samil en dúas sesións (12:00 e 19:00 horas).
Descargar todas as imaxes