Escoitar

Domínguez Olveira clausura "A radio na escola"

O concelleiro de xuventude Santiago Domínguez clausurou o pasado mércores no Colexio Público Lope de Vega o proxecto A radio na escola que, promovido pola propia Concellería de Xuventude, co apoio da Fundación Radio ECCA e a colaboración de MARKA Informática, desenvolveron ó longo de 17 semanas, percorrendo centros públicos da cidade de Vigo, e achegando a máis de 500 mozas e mozos o medio radiofónico.

venres, 2 mai 2003
1051877705Concelleiro.jpg
Santiago Domínguez co director de programación
Un documental sobre a historia da radio, o manexo dos distintos recursos técnicos como xeradores de son, a locución e as intervencións en directo foron a base do guión deste programa.

Un dos elementos máis chamativos en tódalas las escolas foi o prato xiradiscos, onde ás alumnas e alumnos poideron praticar ó estilo dos mellores DJ, ocasión que Domínguez Olveira non desaproveitóu para sorprender ós máis de 70 mozas e mozos do Lope de Vega, que quedaron fascinados co manexo nestas lides do concelleiro facendo un sorprendente xogo de scratch que fixo as delicias dos alí presentes.

O propio concelleiro, micrófono en man, agradecéu á Fundación Radio ECCA e a MARKA Informática esta iniciativa, pioneira en canto ó modo de presentación, xa que se facía con pequenos grupos e co plantexamento de ser unha unidade didáctica.

O proxecto A radio na Escola foi avaliado moi positivamente polo persoal técnico da Concellería de Xuventude, así como polos directores e mestres dos 17 centros públicos que percorreu ; os cales esperan que se volva a repetir esta experienica con alto contido pedagóxico en vindeiras edicións.
Descargar todas as imaxes