Escoitar

Ábrese a exposición "Masonería universal"

A Concellería de Cultura xestiona a mostra "Masonería universal, unha forma de sociabilidade" que se exhibirá ata o 21 de maio na Casa Galega da Cultura.

venres, 2 mai 2003
Con esta exposición inténtase ofrecer de xeito pedagóxico a forma de sociabilidade fundamentalmente urbana que contraeu importancia nos momentos máis transcendentais da contemporaneidade.

Fracmasonería, librepensamento, ateneos, círculos, liceos, casinos, sindicats, sociedades de instrucción e recreo da emigración, orfeóns, cine-clubes... son algúns dos temas nos que se centra esta mostra.

O comisariado da exposición está a cargo de Ricardo Aldao e Alberto Valín Fernández, profesor de Historia Contemporánea que imparte clase na Facultade de Humanidades de Ourense, da Universidade de Vigo. Valín está formando un equipo de novos investigadores que trata de esclarecer, por medio da elaboración de teses de doutoramento, o desenvolvemento, organización e influencia mantivo o asociacionismo pequeno-burgués e proletario galego nesa crucial etapa comprendida entre 1868 e 1936.

O horario da mostra é de luns a venres de 18:00 a 21:30, sábados de 11:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:30 e domingos e festivos de 11:00 a 14:00 horas.