Caballero: "Tódolos estudantes que solicitaron a bolsa de inglés téñena concedida"
900 mozas e mozos vigueses gozarán a partir de setembro da bolsa de inmersión lingüística do programa municipal "Vigo en inglés" para aprender o idioma con estadías no Reino Unido e Irlanda.
O alcalde asegurou este mércores que o vindeiro ano tentará "permitir que vaian máis estudantes" a aprender inglés, chegando ata as "1.000 bolsas ofertadas" dende o Concello, un programa, dixo, de "gran importancia".
Neste ano 2019 serán 900 os alumnos e alumnas de ESO da cidade que pasarán tres semanas estudando inglés en centros educativos do Reino Unido e de Irlanda co sistema de inmersión lingüística. Así, "tódolos que solicitaron a bolsa, téñena concedida" nun programa que conta cun investimento de máis de 2 millóns de euros por parte do Concello.