Escoitar

O alcalde impulsará en Madrid a declaración da Reconquista como Festa de Interese Turístico Nacional

Abel Caballero informou de que este xoves acudirá a Madrid para manter unha reunión coa secretaria de Estado de Turismo, coa que tratará sobre a declaración da Reconquista como Festa de Interese Turístico Nacional.

mércores, 17 xul 2019
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, manterá este xoves unha reunión coa secretaria de Estado de Turismo, Isabel María Oliver Sagreras, para darlle o derradeiro impulso á declaración da Reconquista como Festa de Interese Turístico Nacional.

"Mañá vou a estar na Executiva do PSOE que convocou Pedro Sánchez, onde estou como alcalde de Vigo e presidente da FEMP, e tamén terei unha xuntanza coa secretaria de Estado de Turismo para lograr a declaración da Reconquista como Festa de Interese", sinalou o rexedor na súa comparecencia ante os medios de comunicación.

Caballero indicou que "a ministra xa me dixo que estaba todo preparado e listo, mañá será oficial e festa que patrocina en exclusiva o Concello de Vigo terá máis festa que nunca".