O goberno local contrata o novo sistema de depuración salina para as piscinas de Samil
A Xunta de Goberno Local adxudicou a instalación dun novo sistema de depuración de auga para as piscinas de Samil cun importe de licitación de 64.000 euros.
O Concello de Vigo aprobou na Xunta de Goberno Local a proposta de adxudicación da contratación do subministro e instalación dun novo sistema de depuración de auga para as piscinas das zonas verdes de Samil. Segundo explico o alcalde en rolda de prensa, o importe da licitación rondou os 64.000 euros.
Segundo explicou Abel Caballero en rolda de prensa, o novo sistema de tratamento de auga por electrólise salina consigue varios obxectivos: mellorar a calidade da auga, optimizar a desinfección do proceso, aforrar o consumo diario de auga, evitar a manipulación de produtos químicos, simplificar tarefas de mantemento e un control máis fiable dos parámetros técnico-sanitarios.