Concello, PSA e CTAG proban con éxito o vehículo autónomo nas rúas de Vigo

O Concello de Vigo realizou diferentes accións en materia de tráfico e seguridade na última década para permitir o desenvolvemento do proxecto Autopilot na cidade, unha das seis urbes europeas que participan na proba que o rexedor cualifica como "feito histórico".

martes, 16 xul 2019
1563281601coche.jpg
O Concello de Vigo, PSA Peugeot-Citroën e o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia levaron a cabo este martes as primeiras probas do novo vehículo autónomo nunha contorna urbana. Primeiro no aparcadoiro da Praza do Rei e, posteriormente, na Avenida da Gran Vía, estreouse a comunicación entre vehículos e a infraestrutura ao servizo da condución autónoma.

O alcalde cualificou de "feito histórico" esta proba que supón "unha pequena viaxe para o automóbil e un gran paso para a humanidade" e que amosa a "capacidade e tecnoloxía total" do sector. Así, destacou a calidade e tecnoloxía dos automóbiles que Vigo leva producindo máis de medio século e o compromiso da cidade co avance tecnolóxico que permitiu adaptar as rúas para probar o vehículo autónomo en contornas reais como a renovación de equipos e o mantemento da rede semafórica. No proxecto participan outras catro cidades europeas: Tampere (Finlandia), Versailles (Francia), Livorno (Italia) y Brainport (Países Baixos) amais da coreana Daejeon.

O obxectivo das probas levadas a cabo este martes foi validar o resultado da comunicación entre o vehículo e a infraestrutura nunha contorna urbana complexa. Grazas ás tecnoloxías de comunicación IoT (Internet of Things) e V2X ( Vehicle to Everything) xeraranse novas experiencias de mobilidade.

As probas forman parte do Proxecto Europeo Autopilot lanzado a principios de 2017. Este programa explora e avalía a contribución das novas tecnoloxías da comunicación ao servizo da condución autónoma.
1563281601coche.jpg
1563282833coche3.jpg
Descargar todas as imaxes